 Dende DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais, tivemos claro en todo momento que o noso proxecto ía dirixido a todos aqueles axentes que dunha maneira o outra interveñan na organización de actividades no ambito do social e cultural. Neste sentido nos últimos 4 anos colaboramos cunha gran variedade de entidades. Gran parte delas seguen cofiando na nosa laboura para a xestión das súas actividades ó longo de todo o ano; ano tras ano. - Xunta de Galicia
- Concellos
- Centros educativos
- Bibliotecas
- Empresa privada
- Centros Comerciais
- Hostelería
- Asociacións
- Formación para adultos
Para iso en DINAMO desenvolvemos un estreito traballo en equipo cos nosos clientes para que as nosas actividades se adapten na medida do posible ás súas necesidades e intereses. Desta maneira contamos con propostas xerais e específicas sobre unha gran variedade de contidos pero á hora de levalas a cabo son redefinidas e adaptadas ás condicións e ó contexto onde se van a levar a cabo.
|