 Actualmente a xuventude é un dos sectores que máis está a sufrir os cambios e a adaptación da sociedade ós tempos modernos. Situacións como as familias monoparentais, familias onde traballan os dous proxenitores, o acceso incontrolado dos mass media (internet, novas tecnoloxías, ...), a presencia cada vez máis cotiá de sustancias ilegais, ... están dando lugar a situacións entre a xente xove que non está a ter a resposta adecuada. En DINAMO aportamos o noso gran de area traballando na busca da concienciación, a formación, a adquisición de criterios de actuación, ... e así ofrecerlle á xuventude ferramentas coas que enfrentarse a todas estas novas situacións. Neste sentido DINAMO ten desenvolto unha gran variedade de programas educativos en centros de secundaria sobre Educación para a Saude (Prevención da drogadicción, sexualidade, alimentación equilibrada, ...), Educación para a solidariedade, ... Do mesmo xeito elaboramos propostas formativas para adultos de cara a coñecer e ofrecer pautas de actuación sobre as nosas mozas e mozos dunha forma non invasiva. Xestión de Centros de Lecer Xuvenís, programación e execución de programacións de ocio nocturno, obradoiros de sexualidade, drogas, multiculturalidade, ... son algunhas das actividades que se poden levar a cabo neste eido
|