Entre as características que nos definen como proxecto cabe destacar a presencia constante entre os nosos contidos da cultura e as tradicións galegas.
Neste sentido temos deseñado un amplo abano de actividades recollidas ou baseadas na tradición galega. Partindo da lingua como principal ferramenta comunicativa pasando pola tradición oral como fonte de coñecementos, as festas populares, xogos e xoguetes, ..., Para todas as datas referidas á tradición cultural galega temos propostas de actividades recollidas e adaptadas ós tempos modernos. Entre outras levamos a cabo Magostos, festas de Nadal, Entroido, Día das Letras Galegas, ...
|