ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES |

Actualmente a estructura familiar como se coñecía está a redefinirse na súa totalidade. Co acceso da muller ó traballo, as cada vez máis numerosas familias monoparentais, a emigración masiva do rural cara a cidade, ... as nosas escolas vense na necesidade de adaptar os seus horarios ós novos horarios das familias que conforman o entorno escolar. Dentro desta proposta recollemos toda unha serie de servicios educativos que dunha forma ou outra complementan a educación formal. Falamos de Actividades Extraescolares, servicio de asistencia nos comedores, saídas e excursións, escolas de nais e pais, ....
|