 En DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais contamos cun amplo equipo de persoas formadas en distintas disciplinas escénicas. Teatro, clown, contacontos, música, danza, ... convertíronse dende un primeiro momento nalgunha das ferramentas máis importantes coas que contamos nas nosas actividades. A través de persoaxes, técnicas expresivas, creación e recreación de situacións fantásticas a mensaxe e os contidos das nosas actividades chegan dunha maneira lúdica e creativa ós nosos participantes. Animación teatral, pasarrúas, campañas promocionais, o mundo do circo, ... son algunhas das actividades específicas que levamos a cabo.
|