DINAMO NON STOP: Cando apenas acaba de rematar o ano 2010, en DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais xa estamos a matinar nas melloras das nosas propostas de cara o ano 2011 (ler máis...) | DÍA DA MULLER TRABALLADORA : Tralas campañas levadas a cabo durante o ano 2010 en termos de igualdade para concellos como A Coruña, Cambre, ... afondamos con máis interese no ámbito social para acadar a normalización da igualdade real entre homes e mulleres (ler máis...) | DINAMO XESTIÓN DE ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS é un proxecto empresarial que conxuga o ámbito social, o cultural, o medioambiental e o educativo para dar lugar a propostas cun caracter transversal e integrador.
En DINAMO entendemos a “xestión” como cada un dos pasos que se dan dende que unha actividadese xesta ata que se avalía o seu resultado, pasando pola creación do proxecto, adaptación, execución, …
Se tentamos delimitar os eidos que traballamos en DINAMO podemos enmarcar o noso traballo en 5 áreas definidas: - Ocio e tempo libre
- Intervención social
- Artes escénicas (teatro e música),
- Medio ambiente
- Actividades educativas (formal e non formal),
 Movéndote por esta páxina poderás ir definindo sinxelamente o que, o como, o para quen, o cando, … dunha empresa que nace cun forte compromiso social e cultural. Cunha bagaxe no eido da xestión de moitos anos por toda a xeografía galega.
|