ACTIVIDADES TEATRAIS E MUSICAIS |
 A experiencia do noso equipo de profesionais ensínanos que a través dun escenario e buscando a integración e participación activa das e dos espectadores, poden ser tratados moitos aspectos da sociedade actual dun xeito ameno: a cultura, a educación en valores, as relacións sociais, educación medioambiental...
 Dende o teatro máis clásico e os concertos en directo, pasando polas accións de rúa, o clown, os contacontos, os obradoiros de música, a stand up comedy (monólogos), ... Todas e cada unha destas especialidades escénicas permítennos achegarlle ós espectadores infinidade de mensaxes dunha forma creativa, lúdica e sen caer no feito pedagóxico puro e duro.
|