Dentro do equipo de profesionais que forman Dinamo Xestión de Actividades Socioculturais, hai un amplo sector provinte do eido educativo. Non é estraño pois que en Dinamo traballemos estreitamente cos centros educativos coa finalidade de que as nosas actividades complementen a formación impartida dende as aulas. Partimos pois das nosas actividades para levar a cabo unha educación non formal que asente e complete aqueles contidos traballados nas diversas áreas educativas do currículo escolar.
As nosas propostas van dende as Actividades Extraescolares, pasando polo deseño e desenvolvemento de celebracións e festas (festa fin de curso, nadal...), a preparación de xornadas temáticas (Magosto, Día das Letras Galegas,...) chegando á organización de actividades máis complexas como as Escolas de Nais e Pais, viaxes,... Un amplio abano de actividades que poderás consultar no noso Catálogo Xeral de Actividades e nas nosas propostas específicas.
|